Gl:Etiquetas

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Tags)
Jump to navigation Jump to search
Mf tag.svg

Unha etiqueta (tag) comporse dunha clave ou chave (key), e un valor (value). Cada etiqueta describe unha característica específica dun dato elemento (nodes, ways e relations) ou changesets. Tanto a clave como a etiqueta son campos de texto libre. Na práctica, con todo, hai acordos sobre o emprego de etiquetas que se usan pra fins máis comúns.

Claves ou chaves e valores

Cada etiqueta ten só unha clave ou chave e un valor, as etiquetas escríbense no interior da documentación do OSM coma clave=valor.

  • A clave ou chave describe unha grande variedade de características ou trazos (por exemplo, highway ou name).
  • O valor constrúe o trazo específico que foi clasificado en xeral pola clave (por exemplo highway=motorway). Se se precisan varios valores pra a mesma clave podense empregar semi-colon value separator nalguhnas situacións.

Velaquí hai algúns exemplos de que xeito empréganse as claves e os valores na práctica:

  • highway=residential unha etiqueta ca clave highway e un valor residential que precisa ser empregado nun way pra indicar un camiño sobre a cal viven persoas.
  • name=* unha etiqueta pra o campo de valor emprégase pra dár a coñecer o nome dunha rúa en particular.
  • maxspeed=* unha etiqueta cuxo valor é a velocidade numérica en km/h (ou en millas por hora se se engade o sufixo 'mph'). As unidades metricas son o estándar (polo que non precisan seren mencionadas de xeito explícito). Outras unidades, coma millas por hora, nudos, iardas ou libras teñen que seren mencionadas no campo de valor.
  • maxspeed:winter=* unha etiqueta que inclúe un namespace pra 'maxspeed' e identifica un valor diferente de velocidade máxima empregada só en inverno.

Atopando a túa etiqueta

Os seguientes opcións empréganse de xeito continuo pra atopar a etiqueta correcta ou aprender máis sobre dita etiqueta.

  • Map Features – unha listaxe longa das etiquetas máis comúns empregadas.
  • Taginfo – un sitio web empregábel pra procurar o uso da etiqueta actual, incluíndo valores que non se atopan necesariamente documentados.
  • OSM Semantic Network – unha estrutura lexible por máquina que contén as etiquetas de OSM.

Emprego nun editor

Algúns editores do OSM (por exemplo iD, Potlatch 2) agochan as etiquetas dos obxectos por omisión, facendo que non sexan editábeis de xeito directo; no lugar disto, os usuarios chean un padrón xa existente. Aínda moitos editores permiteche editar as etiquetas de xeito directo se activas o modo "avanzado" ou "tódalas etiquetas" segundo che preste.