Gl:OpenStreetBrowser
Jump to navigation
Jump to search
O OpenStreetBrowser (openstreetbrowser.org) é unha aplicación para 'navegar' a través da información do OSM, pero visualmente cun mapa. O obxectivo do procecto é fornecer un mapa altamente dinámico que faga que cada elemento cartografado estea dispoñíbel para o usuario de xeito doado.
Funcións
- Procurar o contido do mapa clasificado por categorías.
- Integración da Wikipedia e imaxes (da wikipedia, wikimedia_commons, wikidata)
- Emprega o Overpass API para acceder ós datos do mapa e polo tanto son datos case actualizados no intre.
- Permite baixar o elemento escollido ou os elementos visíbeis do mapa en varios formatos (GeoJSON, formatos OSM).
- Podes crear categorías ti mesmo, mira de que xeito se fai.
- O OpenStreetBrowser xa está dispoñíbel en moitas linguas, incluída o galego. Mira isto para saber como mellorar as traducións ou crear unha nova!
Histórico
O OpenStreetBrowser pechou o seu servizo no 2016 e renaceu en xullo do 2017 cunha nova versión. Mira a páxina web do antigo proxecto para ollar como era antes.
Ligazóns web
- OpenStreetBrowser
- Blogue
- Github: https://github.com/plepe/OpenStreetBrowser
- A tradución dos textos da interface faise a través do Weblate (agás date formatting).
- Fonte das categorías OSM: https://github.com/plepe/openstreetbrowser-categories-main