Gl:Conta do OpenStreetMap

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:OpenStreetMap account)
Jump to navigation Jump to search

Unha conta do OpenStreetMap permíteche comezar editar os datos do mapa para facer contribucións ó mesmo. Permíteche tamén subir novos datos GPS. É un sistema separado das contas de edición da wiki (lamentábelmente). Olla Contas para unha ollada xeral de todos os tipos de contas no ecosistema do OSM.

Crear unha conta

Crea unha cuenta do OSM en: https://www.openstreetmap.org/user/new

Preenche o formulario co teu enderezo de correo electrónico. Insíreo dúas veces, asegurándote de inserilo de xeito correcto e lembrando que enderezo empregaches para rexistrarte. Este é o medio principal para identificarche. Non amosamos de xeito público os enderezos de correo electrónico nin sequera a outros usuarios rexistrados (ollar Política de privacidade#Enderezos de correo electrónico)

Escolle «Amosar nome». Este é amosado a outros usuarios, así que pensa como che gostaría que se dirixan a ti. Moitos deciden empregar nomes reais, pero isto non é obrigatorio (permítese o carácter de espazo).

Escolle un contrasinal. Coma sempre... evita empregar palabras do dicionario, non empregues o mesmo contrasinal que a túa conta bancaria e insíreo dúas veces para asegurarte de que non haxa problemas coas grallas (erros tipográficos).

Preme en 'Rexistrarse'.

Na seguinte páxina se che presentan os «Termos do contribuínte». Este acordo de contribuínte faise entre ti e a Fundación OpenStreetMap. Aclara os dereitos de propiedade intelectual sobre calquera dato do mapa que engadas. Se vives en Francia ou Italia, escolle estas opcións no selector superior. Por razóns legais, presentamos textos legais traducidos e ligeramente modificados a residentes franceses e italianos. Para todos os demais, déixao en "Resto do mundo". Traducións non oficiais están dispoñíbeis en varias linguas en Licenza Open Database/Termos do contribuínte.

Escolle se aceptas liberar as túas contribucións en dominio público (marcar) o non facelo (desmarcar). Declarar as túas contribucións coma dominio depende da túa libre decisión. Non seleccionar esta opción non impedirá a creación da túa conta nin afectará de xeito negativo ás túas contribucións ó OSM de maneira algunha. Ollar Vantaxes e inconvintes de contribuír con datos en domino público para coñecer algunhas explicacións desta escolla.

Preme no botón de «Aceptar» cando esteas listo para continuar.

Agora terías que recibir un correo de confirmación solicitándoche que fagas clic para asegurar que o enderezo de correo electrónico realmente é teu.

Se o correo electrónico de confirmación non che chega, tes que revisar a túa carpeta de «correo non desexado» (spam) e se cadra actualizar a túa caixa de entrada após uns minutos. Se aínda non atopas o correo electrónico ou se esqueciches o contrasinal da túa conta do OSM, podes restabelecer o contrasinal en https://www.openstreetmap.org/forgot-password.html


Tamén temos diferentes contas para algúns outros sistemas relacionados co OpenStreetMap. Ollar Contas para máis detalles.

Nomes de conta e políticas de múltiples contas

O OpenStreetMap non require que empregues o teu nome real, nin que te limites a unha soa conta. Es ceibe de empregar o teu nome real coma o teu nome da conta, e moitos cartógrados así o fan, pero tamén podes escoller calquera alcume que desexes. Ademais, podes crear varias contas se o desexas; por exemplo, se estás tan preocupado pola túa privacidade que non queres que ninguén faga unha conexión entre as edicións que fixeches cando estabas de vacacións e as que fas na casa (mesmo hai situacións nas que che pedimos de xeito específico que empregues unha conta separada, cando participas en importacións de datos).

Por favor, non abuses destas liberdades. De xeito particular, por favor:

  • non crees múltiples contas co único obxectivo de enganar a outros (por exemplo, para que pareza que moitas persoas diferentes están dalgún xeito «da túa parte» cando só es ti, ou para agochar o feito de que estás a enviar correos electrónicos non desexados (spam) con publicidade comercial);
  • non crees contas con nomes que sabes ofenderán a outras persoas;
  • non crees contas que personifiquen a outros.

Recuperar un contrasinal perdido

Se esqueciches o teu contrasinal, podemos enviarche un nova por correo electrónico. Sinxelamente diríxete ó formulario de contrasinais esquecidos. Precisarás do teu enderezo de correo electrónico.

Esqueciches con que enderezo de correo electrónico foches rexistrado? Iso si é un problema, pero non todo está perdido. Olla Pregunta:Como recuperar o meu contrasinal do OSM sen coñecer o correo electrónico?(en).

Mudar o teu contrasinal

Para mudar o teu contrasinal, diríxete á configuración do teu perfil (atópalo en: https://www.openstreetmap.org/user/yourusername/account) e baixo os campos contrasinal e confirmar contrasinal, insire o teu nova contrasinal.

Eliminación

Envía un correo electrónico ó enderezo de soporte e un administrador desactivará a túa conta e eliminará os teus detalles da base de datos do OpenStreetMap. O teu enderezo de correo electrónico xeralmente será conservado por se un administrador do OpenStreetMap precisa comunicarse contigo no futuro.