Gl:Organised Editing/Activities/Accessibility in Sarria

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Mapeo de accesibilidade en Sarria (Lugo)

Introdución

O obxectivo desta actividade é de cartografar o acceso para persoas discapacitadas a diferentes obxectos na vila de Sarria (Lugo). Nela imos cartografar o acceso a cadeiras de rodas para diferentes locais (gobernamentais, sanitarios, parques, lugares de culto, estacións de transporte público, bancos, etc.) e tendas. Tamén mapearemos os accesos nas beirarrúas e nos pasos de peóns, tanto para cadeiras de rodas como para persoas de visión reducida.

Esta actividade é parte dun proxecto Innova/Lab do IES Gregorio Fernández de Sarria. O mapeo será coordinado por un profesor (Rafael Ávila Coya) con ampla experiencia en OSM, e levado a cabo por alumnos/as de 3º e 4º da ESO, con idades que van dos 14 aos 16 anos de media. A estes/as alumnos/as se lles ensinarán cuestións xerais sobre accesibilidade, en recollida de datos sobre o terreo con FieldPapers, e en edición a nivel básico con iD. Toda a información recollida e a edición en OSM será supervisada polo coordinador. Durante a recollida de datos sobre o terreo, os/as alumnos/as irán divididos en grupos de 2 ou 3, e o coordinador estará con eles todo o tempo, indo de un grupo a outro, solventando problemas, cuestións, etc. E o mesmo para a edición deses datos en OSM, que se levarán a cabo nunha aula de informática do centro educativo.

Contacto

Pódese contactar con Rafael Ávila Coya no enderezo ravila@edu.xunta.gal para calquera cuestión relacionada coa actividade, ou enviando unha mensaxe á súa conta de usuario OSM edvac. O coordinador, ou os estudantes se é o caso, responderán calquera comentario nos conxuntos de cambios desta actividade.

Consulta coa comunidade

Contactamos coa comunidade OSM local na canle de Telegram OSM Galicia.

Hashtag

Todas as edicións desta actividade levarán o hashtag #accesibilidadesarria nos comentarios dos conxuntos de cambios.

Temporalidade

As actividades comezarán en Abril de 2025, e continuarán ata o final de curso (Xuño de 2025), ou antes.

Ferramentas e fontes de datos

Usaremos FieldPapers para a colecta de datos sobre o terreo, e o editor iD para engadir os datos a OSM. A supervisión e corrección de datos levarase a cabo usando Vespucci ou JOSM.

Participantes

Coordinador

Participantes (alumnos/as)

Haberá máis estudantes participando na actividade, e engadiremos as ligazóns aos seus usuarios nesta páxina, a medida que se vaian incorporando á mesma.

Medida do éxito da actividade

Faremos estatísticas dos datos engadidos ao mapa: % de obxectos con información de accesibilidade, e calidade da información engadida.

Adestramento/Instrucións

Ensinamos aos/ás nosos/as alumnos/as os conceptos básicos de uso de FieldPapers e iD para esta actividade concreta. Durante a colecta de datos sobre o terreo, o coordinador moverase dun grupo a outro, resolvendo calquera problema que poida xurdir.

Corrección de datos ao final da actividade

Tódolos datos serán supervisados e corrixidos polo coordinador, dentro das 48 horas seguintes á súa subida ao servidor OSM. Calquera desfeita seria nunha edición será revertida de inmediato, usando o JOSM reverter.

Resultados

Publicaremos algúns dos resultados máis salientables nesta wiki unha vez que remate a actividade. Estes resultados tamén os presentaremos no Concello de Sarria, durante un pleno do concello que terá lugar cara o final do curso 2024-25.