Gl:Gravatar

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

O Gravatar é un servizo que pode ser empregado para ligar un avatar (imaxe do usuario) cun enderezo de correo electrónico. O Gravatar é un servizo popular apoiado por moitos sitios web que deixa ós usuarios subir a súa imaxe unha vez e usalo a través destes sitios.

O sitio web do openstreetmap.org atura Gravatar: os usuarios poden elixir nas súas configuracións poder empregar o Gravatar para o seu enderezo de correo electrónico no canto dunha imaxe subida de xeito local.

O emprego do Gravatar é considerado coma un grave problema de privacidade (inclúe a publicación do seu enderezo de correo electrónico en forma obscena e sinxela de decodificar para todos) por parte de persoas. Olle as dúas ligazóns nesta publicación do foro e nesta conversa entre desenvolvedores nunha páxina web para devandito cometido.

Por iso, as mudanzas ó sitio web do OSM (www.openstreetmap.org) foron feitas no setembro do 2016, o que permite que os 'gravatars' estean habilitados só se realmente tes unha conta co gravatar.com e xa non é coma o método anterior que os converteu para todos (o código voltará verificar a configuración cando mude o seu enderezo de correo electrónico) co seu enderezo de correo electrónico. Lembre que o código do help.openstreetmap.org non foi executado por ningún das mudanzas e aínda xera e fai público o 'hash' para o seu enderezo de correo electrónico (se crea unha conta alí).

Ollar tamén