Gl:JOSM

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
JOSM
JOSM Logotype 2019.svg
Autores: Immanuel Scholz, Dirk Stöcker e outros axudantes.
Licenza: GNU General Public License
Plataformas: Windows, Linux e macOS
Versión: 18678 (2023-03-02)
Linguaxes: asturiano, búlgaro, catalán, valenciano, checo, dinamarqués, alemán, grego, inglés, inglés canadense, inglés australiano, inglés británico, español, estoniano, éuscaro, finés, francés, galego, húngaro, indonesio, italiano, xaponés, khmer, noruegués bokmål, neerlandés, polaco, portugués, portugués do Brasil, ruso, eslovaco, sueco, turco, ucraíno, uzbeko, chinés simplificado e chinés tradicional
Sitio web: https://josm.openstreetmap.de
Código fonte: https://josm.openstreetmap.de/svn/trunk
Linguaxe de programación: Java

Editor de mapas altamente extensíbel sen requirir conexión en liña.

Captura da pantalla de JOSM amosando a característica de xeorreferenciación de imaxes.
Captura da pantalla de JOSM.
Pantalla de Preferencias de JOSM ca xanela de Complementos aberta.
Atallos do teclado en JOSM
Captura da pantalla de JOSM co validador de erros cartográficos.

JOSM (Java OpenStreetMap Editor no seu nome en inglés) é un dos principais editores do mapa co que conta OpenStreetMap. Foi desenvolvido por Immanuel Scholz e arestora está suxeitado por Dirk Stöcker. Sua páxina principal encóntrase en http://josm.openstreetmap.de/, onde pódense descarregar a derradeira versión. Pra o seu funcionamento requíerese alo menos ter instalado no equipo Java 8.

Malia de ter unha curva de aprendizaxe relativamente ren sinxela, JOSM é moi coñecido entre os editores experimentados pola súa estabilidade e polas posibilidades que ofrece grazas en grande medida ós seus compoñentes externos, os cales extenden en grande medida súas capacidades de edición.

Empréganse outros editores de datos de OpenStreetMap, coma iD, Potlatch 2 ou Merkaator. Pode botar unha ollada á comparación dos editores se aínda non está seguro de cal elixir.

JOSM está traducido ó galego. Podes axudar á comunidade nesta tarefa dende Launchpad.

Download josm-tested button.png

java web-start versión recomendada pra todas as plataformas con actualizacións automáticas.
josm-tested.jar é a derradeira versión estábel de JOSM.
josm-latest.jar é a derradeira versión de desenvolvemento de JOSM.
josm-setup.exe Instaladoiro pra Windows.

Que editor empregar

Hai outros editores de datos OpenStreetMap, como o editor en liña Potlatch ou Merkaartor. Preguntarásche cando empregar JOSM e cando algún outro editor. Ben, JOSM é un editor enriquecido especialmente dirixido a usuarios experimentados de OSM, aínda que nas derradeiras versións ten un modo sinxelo e un modo avanzado pra adaptalo ó tipo de usuario. Se pretende converterse nun grande colaborador de OSM, paga a pena acostumalo a JOSM. E se isto soa pouco sinxelo, non preocupese, non é así se está familiarizado mínimamente coas computadoras.

Deberías empregar este editor se:

  • Vai modificar un conxunto de datos grande.
  • Desexa editar datos sen ter que cambialo de xeito inmediato na base de datos OpenStreetMap (realizar probas).
  • Tomou fotos mentres o tempo que estivo a recompilar datos e quere que apareza onde estiveron.
  • Queres empregar un editor fóra de liña pra editar unha área onde pensas que outras persoas están traballando, tamén editando datos. JOSM permite a fusión destes mudamentos e a resolución de conflitos de edición (lembre de descarregar os datos antes de que cada información nova se cargue na base de datos).

Quizais non deberías empregar JOSM se:

  • Só queres mudar o nome dunha rúa. Pra facelo mellor, empregue o editor en liña iD.
  • Non desexas ou non podes instalar unha aplicación no seu computador.
  • Está a editar o mapa detrás dun firewall (cortalumes) que impide que JOSM funcione correctamente (por exemplo, dende o seu lugar de traballo).
  • O equipo que tes non ten os requisitos mínimos.

Descarrega e instalación

JOSM é un editor multiplataforma que non precisa de instalación. Só require que Java 8 estea instalado na computadora pra que se execute.

Para abrilo só terás que descarregar e executar o ficheiro josm.jnlp, que sempre dáche a derradeira versión de JOSM. De maneira alternativa, se ten problemas coa opción anterior ou non ten unha conexión a Internet na computadora onde vai usar o editor, pode descarregar o ficheiro executábel de antemán .jar de JOSM.

Todas as versións do programa pódense atopar no sitio principal de JOSM

Emprego

  • En LearnOSM está dispoñíbel unha pequena guía pra axudarche a aprender sobre a edición con JOSM. Teña presente que este tutorial fornece unha introdución sinxela, polo que algúns detalles quedan fóra de forma intencionada.
  • Nocións básicas sobre JOSM.

Aditamento pra JOSM

Como mencionouse, hai aditamentos do programa desenvolvido polos colaboradores de OSM que engaden novas funcionalidades a JOSM. O xeito máis sinxelo de instalalos aditamentos é dende o menú Editar -> Preferencias -> Xanela Complementos e sinalar aquilos componentes que desexes engadir a JOSM.