Gl:Microbolsas/Microbolsas 2020

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Dámosche a benvida á primeira versión do programa de microbolsas da Fundación OpenStreetMap (OSMF).

Datas importantes

As datas importantes son:

  • Chamada aberta para propostas: 19 de abril de 2020
  • Envío de propostas (data límite): 10 de maio de 2020

Exemplos de boas ideas

  • Creación de documentación/cursos.
  • Traballo de deseño (por exemplo, folletos, imaxes para o arquivo) ou a actualización doutros arquivos dixitais similares.
  • Financiamento para integrar no currículo dunha escola ou universidade o mapeo, desenvolver proxectos de mapeo na súa área e traballar con persoas locais para empregar os seus datos.
  • Financiamento para equipamento compartido de mapeo.
  • Merchandising para recoñecer as contribucións excepcionais do voluntariado, ou outros de custo baixo.
  • Custo de hospedaxe.
  • Divulgación en escolas locais.
  • Varios pequenos eventos (por exemplo, unha festa de mapeo).
  • Proxectos de software que son parte dun programa máis grande e que teñen uso por si mesmos.
  • Proxectos de software que se poderían completar durante o período das microbolsas.
  • Espazos de traballo temporal.
  • Programas de capacitación con encontros locais tecnolóxicos.
  • Traballos de tradución.

Exemplos de ideas que é pouco probable que sexan aceptadas

  • Bolsas académicas.
  • Merchandising para todas as persoas que participen nun evento ou para a divulgación xeral, incluíndo camisetas.
  • Un gran evento único.
  • Premios por mapear.
  • Hospedaxe recorrente, alugueiro e outros custos similares.
  • Hardware do servidor.
  • Mapeo tradicional de pago.
  • Viaxe a unha conferencia ou un evento.
  • Calquera compra ou actividade que podería entrar no orzamento de OSMF de forma normal, como melloras da infraestrutura xeral da OSMF ou soporte para grupos de traballo

A hospedaxe recorrente ou a compra de hardware para servidores podería ser aceptable nunha próxima iteración do proxecto.

Criterios de idoneidade

  • As persoas que se presenten deben ser membros de OSMF (pero poden presentarse para selo no mesmo momento da petición da microbolsa).
  • Tanto quen fai a petición como quen se beneficia deben ter un historial de actividade como voluntario de OSM (polo menos comparable en alcance á magnitude do proxecto).
  • Importe máximo de 5000 EUR.
  • Duración máxima do proxecto de 12 meses.
  • Calquera individuo, grupo ou organización ten un máximo de tres microbolsas á vez.
  • Os fondos para actividades fóra de liña normalmente se empregan para gastos directos e non para pagar o tempo das persoas. Preferimos habilitar ó voluntariado antes que pagar polo traballo. Inda así, o traballo remunerado no está excluído sempre e pode ser aceptado se o seu impacto é importante. Os fondos poderíanse usar para pagar o tempo das persoas en certos casos, como por exemplo, en proxectos de software e desenvolvemento de ferramentas.
  • Debes aceptar os requisitos de informes, estar disposto a asinar un acordo pola microbolsa e proporcionar á Fundación OpenStreetMap a información necesaria para procesar o seu financiamento.
  • Debes consultalo coa túa división local, se procede.
  • Os proxectos con impacto local, deben discutirse coas comunidades locais pertinentes.
  • O beneficio persoal debe ser pequeno comparado co beneficio xeral. A petición debería describir o potencial beneficio persoal.
  • A iniciativa que propós debe estar aberta ó público xeral. Isto é, a asistencia a un evento debería ser gratuíta, o software debe ser de licenza aberta, os arquivos multimedia deben estar libres para a súa descarga e publicados baixo licenzas libres (podes ver a definición en https://opensource.org/osd).
  • O proxecto ou a iniciativa debería estar directamente relacionada con OpenStreetMap, o que debería aparecer xustificado nos seus obxectivos.
  • O número de persoas involucradas no proxecto ou na iniciativa non están limitadas (mais isto non afectará ó importe da microbolsa).
  • O proxecto debe ser compartido e discutido amplamente durante o proceso de solicitude, polo menos no OSMF-talk e coa comunidade OSM.
  • O proxecto non pode pagarlle a alguén para facer algo que podería ter feito facilmente o voluntariado.
  • As persoas participantes do proxecto deben cumprir as normas da comunidade e deberían estar nunha boa posición dentro desta.
  • Os proxectos poden ser obter fondos de calquera outra vía pero debe estar indicado na solicitude. As persoas candidatas deberían intentar atopar outras fontes de financiamento para o seu proxecto.

Como presentarse

Crea unha páxina nova na wiki nomeada como Microbolsas_2020/o_nome_da_túa_proposta (Axuda de MediaWiki:Comezar unha nova páxina) e completa o modelo de páxina de proposta e os detalles que de indican a continuación.

A proposta de microbolsa require o seguinte:

Sobre a túa comunidade mapeadora

Fálanos un pouco sobre a túa comunidade na actualidade. Algúns exemplos de informacións que poderías incluír están embaixo pero, por favor, proporciónanos toda a información que creas relevante.

Por favor, escribe 100 ou 200 palabras.

  • En que cidade ou país te atopas
  • En que ubicacións estivo centrado o teu mapeo
  • Canto tempo ti ou a túa organización estivo mapeando
  • Canta xente forma parte da túa comunidade
  • O balance de xénero da túa comunidade de mapeo
  • Cal é o propósito do teu mapeo (a túa misión)

Para que precisa o diñeiro da microbolsa?

Queremos saber que ten pensado comprar, canto e por que isto axudará a mellorar os seus esforzos de mapeo comunitario. Hai dous cadros para que completar e pode agregar máis filas se é preciso. Hai algúns exemplos no cadro e sempre podes empregar un formato diferente na túa proposta pero asegúrate de incluír todos os detalles.

Orzamento desenvolto

Elemento En que vas gastar o diñeiro? Custo esperado por unidade (en Euros) Cantidade que tes pensado mercar / duración da subscrición Custo total esperado (en Euros) Por que o precisas? (por favor, dá todos os detalles que podas)
Exemplo Acceso wifi a Internet 50€ ó mes 12 meses 600€ Isto permitirá celebrar mapatóns de até 40 persoas. Actualmente non temos acceso a Internet que nos permita celebrar mapatóns con grandes grupos. Ter wifi permitirá á nosa comunidade medrar e acadar os nosos obxectivos.
Exemplo Dron con cámara 500€ por dron e cámara 2 unidades 1000€ Isto vai permitir capturar imaxes desde o dron para mapear con detalle a nosa cidade xa que as imaxes de satélite dispoñibles son de mala calidade actualmente e non son útiles para mapear estradas, beirarúas e casas en detalle.
1
2
3
4
5
6
7
8

Se consigo a microbolsa, que pretendo acadar?

É recomendable que esta axude á misión da Fundación OSM e da súa comunidade local. Por favor, proporciónanos información relevante incluíndo as métricas que espera obter. Por favor, escriba entre 100 e 200 palabras.

Algúns exemplos de detalles poden ser os seguintes, ou outros que decida:

  • Como o proxecto axuda á comunidade
  • A área que ten pensado mapear
  • Que volume de mapa ten pensado completar (por exemplo, número de persoas, número de quilómetros cadrados)
  • Cantas persoas membro da túa comunidade existente pretende formar
  • Cantos membros esperas que se unan á túa comunidade

Recibes financiamento por outras vías actualmente?

Se recibes financiamento desde outras organizacións na actualidade, por favor, indícanos de canto son, se son regulares ou únicas e como foron obtidas. Por favor, non escribas máis de 300 palabras. Se tes fontes de cofinanciamento para a solicitude de microbolsa, proporciónanos algúns detalles. Algúns exemplos disto poden ser, se tes algún socio que estaría disposto a igualar o financiamento da microbolsa se a recibe ou se o seu proxecto ten xa financiamento. Proporciona os máis detalles posibles.

Hai algunha cousa coa que querería o apoio da OSMF?

Se hai algo no que precisas o apoio da OSMF para o reforzo do teu proxecto, infórmanos. Por exemplo, para incluír a creación de relacións coas comunidades OSM, a subministración de imaxes actualizadas para proxectos de mapeo ou indicacións sobre como usar algunhas ferramentas das que creamos. Queremos facer o mellor para apoiar as comunidades OSM, así que fainos saber o que precisas. Non escribas máis de 150 palabras.

Declaración

Cando envías este formulario á Fundación OpenStreetMap, certificas que a información contida nesta solicitude é correcta e que, se te fora concedida a microbolsa, usarala só para os fins descritos anteriormente. Achegarás documentación e recibos por escrito de todos os teus gastos á Fundación OSM para demostralo. Entendes que as decisións tomadas polo comité de microbolsas da Fundación OSM son definitivas.

Apoios

Animamos á comunidade a apoiar os proxectos! Fai que a comunidade o coñeza


Se tes calquera problema coa edición do wiki para cubrir a túa solicitude, podes enviarnos unha mensaxe ó enderezo microgrants@osmfoundation.org

Comezar a túa solicitude

Crea a túa solicitude de microbolsa introducindo o nome do teu proxecto a continuación e premendo en Comezar a miña solicitude. Podes editar o wiki respondendo as preguntas. Recorda previsualizar os teus cambios antes de gardar os cambios.


Propostas

Lista de propostas que foron enviadas

Propostas abertas

Borradores de propostas

Propostas fundadas

Propostas non fundadas

Propostas retiradas

Propostas non elexibles