Gl:MychOSM/A Guarda
Quenes somos
Quenes somos? A IES A Sangriña é unha institución pública educativa que ofrece Secundaria, Preparatoria (Xeral e a Formación Profesional) e, polo tanto, a Educación de Adultos. A oferta educativa inclúe a Escola de Idiomas pra adultos e cinco seccións europeas en Educación Secundaria (AICLE). IES A Sangriña atópase na Guarda, unha pequena cidade na rexión de Galicia, no noroeste de España, na fronteira con Portugal.
Estudiantes alemanes y españoles de un proyecto Comenius mapeando en A Guarda, España. Estudantes alemáns e españois dun proxecto Comenius "mapeando" na Guarda, España. A escola A cidade O proxecto Santa Trega Os resultados |
students on top of Monte Santa Trega - most of them with OSMTracker ;-) first line from left to right: Nuria Coimbra Rebolledo, Sara Torres González, Alejo Conde Blasi, Alejandro Lomba Cruces, Lucia Lomba Riego, Pablo Pérez Rodríguez. second line f.l.t.r.: Uwe Engstler, Oliver Kütten, Nadine Finkernagel, Alexander Burg, Adrian Kohl, Louisa Kinn, Abbas Yavuz, Anna Bach, Nico Scheid, Tim Pyttlik |
Mapa de A Guarda en formato Pop-Art |
---|
Que fixemos?
Unha mostra das laboras de traducción que o equipo de alumnos do IES A Sangriña fixo, dentro do marco do programa MychOSM, para distintos proyectos cartográficos temáticos como
IES A Sangriña en OpenStreetMap e en GMaps
Nosas traducións de software
Translation Management.Tradución de LearnOSM ó castelán
O LearnOSM é unha guía de aprendizaxe sobre OpenStreetMap (OSM) publicada polo Humanitarian OpenStreetMap Team (HOT). Unha das actividades do proxecto Comenius "My community and my history in OpenStreetMap" é a tradución desa guía ás línguas dos participantes no proxecto. A tradución ao español foi feita só para a Beginner's Guide (Guía para principiantes). Pero o problema é que, dende que se fixo esa tradución hai arredor dun ano, houbo cambios importantes en OpenStreetMap, na súa web, nas ferramentas de edición, etc., polo que a versión en inglés de LearnOSM foi actualizada para incorporar eses cambios, facendo que a tradución ao castelán estea agora obsoleta.
O noso cometido inicial será actualizar a tradución da Beginner's Guide ao castelán. En caso de haber tempo, poderíamos continuar coa tradución das guías avanzadas, e/ou traducir a guía ao galego, etc.
A tradución se levará a cabo segundo os seguintes pasos xerais:
Descargar (facer fork + clonado) dos arquivos do proxecto LearnOSM do seu repositorio en GitHub.
- Traducir por grupos eses arquivos, usando hackpads.
- Facer unha revisión final desas traducións.
- Subir eses arquivos á web
Hackpad: que é e como o usaremos para a tradución?
Nós usaremos o hackpad para a tradución por dúas razóns particulares:
- Permítenos ver de xeito claro quén editou qué no documento. Isto amósase á esquerda do documento, con diferentes cores para cada usuario, con so facer clic en calquera lugar do espazo en branco no que está o texto.
- Sobretodo usaremos hackpad porque nos permite manter o formato de Markdown (.md) no que están escritos (codificados) todos os documentos a traducir, agás o ficheiro 10, que está en formato HTML (formato que tamén o soporta hackpad, por outro lado).
Grupos e ficheiros asignados por grupo
EYE 2014 - European Parliament Strassbourg
En maio de 2014 celebróuse en Estrasburgo o European Youth Event 2014 (EYE), evento anual patrocinado polo Parlamento da Unión Europea que reúne á mocidade de tódolos países da Unión na sede parlametaria de Estrasburgo para participar en obradoiros, conferencias, concertos, feiras de ideas etc. O IES A Sangriña decidíu participar cun grupo de estudantes que daquela formaban o equipo colaborador no proxecto MychOSM. Co asesoramento e a axuda do coordinador do debandito proxecto, Sr. Manfred Reiter, os nosos alumnos poideron disfrutar dunha xornada neste EYE 2014 na que asistiron a unha serie de actividades no edificio Winston Churchil, anexo do Parlamento de Estrasburgo, da que destacamaos a asistencia á conferencia "Novas oportunidades de emprego para a mocidade europea: retos e problemas". A nosa participación servíu ademáis para publicitar e dar a coñecer, en distintos puntos do evento, o noso proxecto MychOSM. As fotos adxuntas recollen diferentes momentos da xornada.
IES A Sangriña no EYE 2014, European Parliament, Estrasburgo | Asistencia á Conferencia no edificio W. Churchill | Prof. Carlos and his EuroPassport from Schengen - Europamuseum |
---|
Noso weeklyOSM
O proxecto Comenius "Miña historia e a miña comunidade en OpenStreetMap" contribúe de xeito moi activo ó obxectivo de ofrecer un boletín semanal das principais novedades na Comunidade OSM a través do semanario weeklyosm. A fonte principal deste semanario (traducido a lingoas coma o francés, inglés, checo, turco, xaponés, castelán ) é o boletín alemán "Wochennotiz". A traducción semanal dende a versión inglesa de "weeklyOSM" ao castelán foi tarefa dos alumnos do IES A Sangriña (socio deste programa Comenius "MychOSM"): Nuria Coimbra Rebolledo, Sara Torres González, Alejo Conde Basi, Alejandro Lomba Cruces, Lucía Lomba Riego e Pablo Pérez Rodríguez os cales foron supervisados polo equipo de profesores do centro implicado no debandito proxecto: Susana Salvador, Isabel Rodríguez Pazos. Alberto Viso Outeiriño, Alejo Diz y Carlos Alonso. A todos gracias porque o seu esforzo sostén a posibilidade que todos aqueles interesados nas novedades de OSM podan seguilas en castelán. O mesmo equipo do IES A Sangriña prepara un número semanal en galego de próxima aparición.
Mapping Party en A Guarda
Screenshots antes | Description | Result - Mapa ahora |
---|---|---|
|
Ahora - mapa ao vivo | |
|
Ahora el mismo detalle: mapa ao vivo | |
|
OSM Mapnik comparar con gk.historic.place |
Meeting MychOM - Saarburgo 8/12 de xuño do 2015
Do 8 de xuño ao 12 de xuño celebróuse en Saarburg o derradeiro meeting deste programa Comenius MychOSM. Durante os días de traballo os nosos alumnos tiveron a ocasión de visitar interesantes lugares históricos nos "Länder" do Sarre e de Renania-Palatinado tales como a fortificación celta da Idade do Ferro da localidade de Otzenhausen (Ringwall), a vila e o mosaico romano de Nennig, a cidade de Tréveris (a súa catedral e a basílica de Constantino), a pequena cidade de Schengen onde coñecimos máis do importante Tratado que tanto fixo por construir un sentir de pertenza europea ...Ademáis a natureza ofreceunos abraiantes espectáculos para os sentidos como os do mirador de Saarschleife, ou os impresionantes viñedos laderas abaixo das ribeiras do Mosela ou do Sarre. Tivemos ocasión durante os días 9 e 10 de aprender máis sobre HOT e de mapear para axudar cartográficamente a tarefas humanitarias en zonas de desastre (como Nepal). Fixemos traballos de campo de mapeo en OSM na vila de Saarburg e, o día 11, os noso proxecto foi presentado diante dunha representación das autoridades locais. Como colofón, o día 13 foi organizada polos nosos anfitrións, a Geschwister-Scholl-Schule Berufsbildende Schule Saarburg, unha mostra das características histórico-culturais dos socios participantes no proxecto (Turquía, Reino Unido, España e Alemaña) a través dunha exposición de material fotográfico feita no vestíbulo do centro á cal asistíu a prensa local para facerse eco deste evento do que tan bos recordos levamos
Mapas, pensamentos e Historia
Estudiantes pensamientos sobre OSM y el proyecto:
- OpenStreetMap es una aplicación muy práctica y, en comparación con Google Maps, es mucho más completo. Es una aplicación muy útil y hemos estado muy cómodos trabajando en el proyecto aquí, en Alemania.
- OpenStreetMap es una gran fuente de información que hace la vida de la gente más sencilla, ya que permite moverse más fácilmente por diversos lugares.
- OSM ha sido una experiencia única que me ha permitido descubrir Alemania y también saber cómo funcionan los mapas y la aplicación, que creo que me servirá en el futuro.
- OSM es además de una buena aplicación, un gran proyecto que debería realizarse siempre y que permite ponerse en contacto con gente de otros países, lenguas y culturas.
- Como proyecto, OSM ya supone algo muy grande, y estoy seguro que en el futuro será todavía mayor, pudiendo llegar a más gente.
Fotografías
Aquí podedes ver algunhas das fotos tomadas durante os encontros celebrados no transcurso deste proxecto Comenius MychOSM. Entornos e cidades impresionantes, vivencias inesquecibles, camaradería, están representadas nestas instantáneas tan só como unha pequena mostra do que para cada un de nós supuxo a participación neste extraordinario proxecto do cal tanto nos levamos.