Gl:RelatedTerms

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search


Resumo

Este proxecto tenta mellorar a experiencia de procura no interior desta wiki e de outras ferramentas. Os termos relacionados son procesados por ferramentas semellantes a Taginfo co fin de extraer un tesauro actualizado e unha API.

APUNTAMENTO IMPORTANTE: estamos a actualizar estes días un editor de sinónimos ca funcionalidade de subida. Descarregar/subir páxinas da wiki coma JOSM está subindo datos (é dicir, NON é un bot!).

Un termo relacionado é unha relación da asociación entre termos. No OSM interprétase coma un termo xeral porque isto fai que sexa máis sinxela de explicar. Esta definición de 'termo relacionado' inclúe todo tipo de relacións de termo, coma sinónimo, termo máis amplo ou máis estreito. Ollar tesauro na Wikipedia pra algúns precedentes.

Termos relacionados pra usuarios e wiki autores

Pra capturar termos relacionados emprega o padrón 'Template:RelatedTermList' seguida de 'Template:RelatedTerm'.

Exemplos de emprego inicial son, por exemplo, ES:Tag:amenity=place_of_worship.

Suxestión de emprego: os termos relacionados inclúense na listaxe aínda un podería pensar que fica no título, no texto wiki pra facer o conxunto completo e explícito. O termo pódese engadir tamén de xeito opcional cando existe unha páxina de redireccionamento.

Termos relacionados pra programadores

A idea dos termos relacionados (listaxe de sinónimos, tesauro, etc.) é non só mellorar a procura na wiki, senón que se convirta nunha funcionalidade de procura nos editores e ferramentas comúns. Pra aquilo requiriríase un servizo web ou unha API. Véxase tagfinder.herokuapp.com/apidoc.

Existe algunha documentación na páxina RelatedTerms ou no proxecto TagFinder.

Exemplos

Véxase Template:RelatedTerm.