Gl:WikiProject Importación do Catastro de Santiago de Compostela

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Proxecto de importación do Catastro do Concello de Santiago de Compostela

Obxectivos

  • Completar os nomes das rúas (mapa de rúas sen nome, ver nota máis abaixo). Este paso é imprescindible para a importación. Para isto podemos apoiarnos na información do propio catastro, na do Xeoportal do Concello (autorización de uso), así como comprobar a cartelería da propia rúa. Debemos lembrar que o nome dun lugar (por exemplo, Lugar Sanxuás) non é valido como nome dunha rúa. Polo tanto, no caso de que unha rúa non teña nome hai que empregar a etiqueta noname=yes. Tamén podemos completar este obxectivo seguindo as instruccions da páxina ES:Catastro español/Importación de edificios/Guía de importación/Gestión de proyectos. Para esto último, non fai falla xerar os datos como indica as instruccións, se non que podemos atopalos no repositorio de GitHub catastro2osm_highway_check acompañados dun readme cunha lista de vías na que se fai o reconto das rúas comprobadas. EN PROCESO (80%)
  • Cartografado de todos os edificios do concello, incluíndo número de andares e, idealmente, tellados e cores. De novo, é recomendable verificar noutos sitios como o Xeoportal do Concello ou Mapillary se as direccións dos edificios están correctas no catastro. PENDENTE DE REMATAR OBXECIVO ANTERIOR.
  • Ir completando o mapa do xestor de tarefas. PENDENTE DE REMATAR 1º OBXECTIVO.
  • Cadrar as rúas necesarias coa nova disposición dos edificios. PENDENTE DE REMATAR 1º OBXECTIVO
  • Idealmente: anotar os carrís, direccións de circulación, e carrís de aparcamento de cada rúa.

Notas

  • Rúas sen nome: A ferramenta da ligazón anterior a "rúas sen nome" permite importar a listaxe de rúas a JOSM (vía conexión control remoto) para editar máis fácilmente as rúas sen nome.
  • Pregase tentar manter o máximo posible o historial dos edificios xa existentes, sustituíndo xeometrías con ferramentas específicas (JOSM) e evitando eliminar e refacer de cero obxectos xa existentes, como xa se indíca na páxina do proxecto de importación a nivel nacional.

Ligazóns