Gl:JOSM/Complementos/Kendzi3D/Deseños personalizados/Deseños dos edificios singulares

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Que precisamos?

  • O JOSM
  • O complemento Kendzi3D do JOSM
  • O complemento continuousDownload
  • A Wikidata ben posta (nos nós - habería que repetir dados)
  • Os deseños, baixados dos repositorios libres
  • Unha conta do GitHub ou calquera outro repositorio que deixe subi-la información.

De que xeito o facemos?

1- No OSM, co JOSM abrimos a zona onde desexamos poñe-lo deseño co complemento continuousDownload xa activado (irá facendo a baixada dos datos) e pomos un nó nun lugar no que desexamos proxecta-lo deseño. Pode te-las etiquetas que desexemos pero xa que pode ter información repitida recomendamos que sexa cas etiquetas da Wikidata só para eliminalo se se dera o caso. Tense que engadi-la etiqueta e valor da Wikidata. Por exemplo:

https://www.openstreetmap.org/node/6110227440#map=19/41.40332/2.17467&layers=D

wikidata=Q48435

Sagradafamilia3d 1.jpg

2- Unha vez inserido o nó, abrimos o deseño importándoo -co Blender ou semellante (adóitase emprega-lo Bforartists)- e voltámolo a exportar no formato obj. Subímolo ó enderezo que desexemos, na compaña do ficheiro co mesmo nome .mtl (se non o Kendzi3D colgarase) e faremos apunta-lo ficheiro da configuración a este deseño situado nese repositorio. Nos fornecemos un no GitHub, ó que se poden facer "forks" e "pull requests" para engadir esta información.

Sagradafamilia3d 2.jpg

3- Xeramos o código para que se reproduza o deseño escollido, correspondente á etiqueta da Wikidata. Recomendamos chamalo seguindo o esquema CODIGOPAIS_CODIGOZONA_CODIGOPOBOACION_nomedomonumentodoseguido.obj

<nodeModel matcher="wikidata=Q48435" model="/models_ES/monuments/ES_CAT_BCN_sagradafamilia.obj"
translateX="1" translateY="1" translateZ="1" scale="height(300)" direction="direction(180)"/>

4- Voltamos ó JOSM, co complemento do Kendzi3D > "Models Library" e prememos en "add URL", engadindo o enderezo do ficheiro que indica, por exemplo a configuración dos deseños da cidade de Barcelona. https://raw.githubusercontent.com/yopaseopor/monuments_kendzi3D/master/ES_CAT_BCN_monuments.xml Sagradafamilia3d 3.jpg

5- E xa podemos navigar co Kendzi3D View pola zona que teñamos baixada co JOSM, se desexamos ollar alén sinxelamente movémonos un pouco máis e grazas ó "continuousDownload" os dados irán baixando a medida que te movas. Sagradafamilia3d 4.jpg

Máis información

Monumentos do Kendzi 3D no GitHub