Gl:Tag:leisure=outdoor_seating
leisure = outdoor_seating |
Descrición |
---|
Unha zona de asentos, terraza, xeralmente para o consumo de petiscos, comidas e bebidas das cafetarías e restaurantes. Ás veces unha grande área de terraza pertence a estabelecementos diferentes. |
Representación en OSM Carto |
Grupo: leisure |
Empregado nestes elementos |
Combinacións útis |
|
Ollar tamén |
Estado: de facto |
Ferramentas para esta etiqueta |
O termo "outdoor_seating" abrangue tódalas instalacións de terraza ó ar libre nunha área onde os clientes están sentados fóra do estabelecemento. A terraza adoita estar separada por macetas ou valos pequenos; tamén sinxelamente pode etiquetarse onde están instalados os asentos nun corredor ou patio interior.
Nos ambientes urbáns, as áreas ó ar libre dos cafés, bares, restaurantes e terrazas dos hoteis a miúdo son bastante visíbeis no verán con grandes antucas e vexetación decorativa tipo mediterránea.
Nos países mediterráneos (Portugal, España, Italia) os asentos están adoito ó ar libre.
Porén, os asentos (terrazas) ó ar libre ca etiqueta leisure=outdoor_seating non teñen porque vincularse ós populares xardíns da cervexa alemáns (cervexarías) ca etiqueta amenity=biergarten, xa que son cousas diferentes, aínda que a combinación tamén é posíbel (ollar embaixo), se un área exterior o permite e o servizo axústase a ela.
Nas áreas pequenas de cafetarías (e xeadarías), bares e restaurantes de bocadillos, os asentos fóra sempre se poñen só cando vai bo tempo nos horarios de apertura, entón nestes casos pódese prescindir desta etiqueta. Só cando están na maioría dos días ponse outdoor_seating=yes. Outra posibilidade é pór a tempada aproximada na que se poñen con seasonal = *.
De que xeito cartografar
Obrigatorio: engadir a etiqueta outdoor_seating=yes ó servizo de comidas. A etiqueta leisure=outdoor_seating non se debe empregar no servizo de comida en si, esta etiqueta é só para a súa área de terraza exterior!
Podes ollar a área de terraza exterior correspondente do seguinte xeito:
Engade un nó no centro da área para terrazas exteriores máis pequenas. Para áreas máis grandes coma patios, áreas de cubertas: Debuxa a contorna da área coma unha liña pechada dentro da área definida. Engadir leisure=outdoor_seating e operator=*.
Para unha etiquetaxe máis precisa e informativa, engade as seguintes etiquetas opcionais deseguido. Para cervexarías ó ar libre e terrazas de restaurantes non é moi importante etiquetar o espazo de sombra. Isto tamén inclúe as árbores na marxe, ollar natural=tree.
Etiquetas complementarias, opcionais
Chave | Valor | Descrición |
---|---|---|
hotel | yes | Hotel; Áreas de terraza ó ar libre dos hoteis (p.ex., para almorzos / xantares) |
restaurant | yes | Restaurantes; Servizo en terraza |
cafe | yes | Cafetarías; Servizo en terraza |
pub | yes | Bares con terraza con posibilidade de petiscos |
bar | yes | Bares de copas - Áreas de terraza |
beer_garden | yes | Servizo restrinxido |
fast_food | yes | Restaurantes de comida rápida / snack - área de terraza |
food | yes | Oferta limitada para comidas en comparación co interior |
ice_cream | yes | Postos de xeados. Tamén para xeadarías propiamente ditas |
bbq | yes | Asadoiros / barbacoas nunha área exterior ó ar libre |
self_service | yes | Non hai servizo de camareiros en mesa / autoservizo. |
playground | yes | Hai un parque para crianzas |
heating | yes | Calefacción (radiador / chama de gas) dispoñíbel |
weather_protection | * | Protección contra choivas e sol sobre a área |
weather_protection | parasol | Para grandes proteccións contra o sol, espallados pola zona. |
roof | Para un teito protector aberto nas marxes da área. | |
awning | Para un toldo | |
pavilion | Para un pavillón lixeiro, é dicir, unha pequena carpa. | |
canopy | Para un dosel | |
trees | Para unha área de sobra baixo árbores |
Onde está un sentado? Outras etiquetas complementarias (de ubicación), opcionais
Chave | Valor | Descrición |
---|---|---|
outdoor_seating | * | Ubicación ou contorna de asentos ó ar libre |
outdoor_seating | pedestrian_zone | Nunha zona peonil |
street | Nunha rúa | |
sidewalk | Nunha beirarrúa | |
parklet | Nunha área adicional sobre a calzada (normalmente sobre áreas de aparcadoiro): Parklet * | |
patio | Nun patio | |
terrace | Nunha área exterior tipo terraza | |
balcony | Nun balcón | |
veranda | Nun porche ou galpón | |
roof | Nun tellado ou área superior dun edificio | |
conservatory | Nun conservatorio | |
garden | Nunha área de xardín | |
beach | Nunha praia |
- Un "parklet" é unha zona adicional de asentos ó ar libre especial en vías públicas e non ten operador nin servizo, aínda que pode ser do propio estabelecemento se a lei o permite.
De que xeito pode un sentarse? Outras etiquetas complementarias (de confort),, opcionais
Chave | Valor | Descrición |
---|---|---|
outdoor_seating:comfort | * | A comodidade dos asentos |
outdoor_seating:comfort | stool | Banquiño sinxelo |
bench | Banco sinxelo non tapizado | |
cushion_bench | Banco tapizado confortábel | |
chair | Cadeiras sinxelas | |
cushion_chair | Cadeira / sillón confortábel | |
lounge | Sillón moi confortábel tipo conxunto sala de estar | |
mixed | As áreas de confort distribúense de xeito diferente na zona. |
Combinacións útis
- name=* Nome do tipo de cociña (cando a gastronomía ten un nome aparte).
- operator=* Operador, por.ex. o nome do restaurante ou café, quen o opera.
- cuisine=* O tipo de cociña ou comida que se ofrece.
- drink=* O tipo de bebidas que se ofrecen.
- access=* Acceso si / privado / clientes.
- capacity=* Cantas persoas poden sentarse.
- internet_access=wlan Área WiFi do estabelecemento dispoñíbel.
- lit=yes Alumeado dispoñíbel.
- wheelchair=* Accesibilidade mediante cadeira de rodas.
- seasonal=* Aberto por tempadas, estacional (dry_season).
Ollar tamén
- amenity=biergarten
- amenity=restaurant
- amenity=cafe
- amenity=fast_food
- amenity=pub
- amenity=bar
- amenity=ice_cream
- amenity=food_court
- tourism=hotel
- tourism=motel
- tourism=guest_house
- tourism=hostel
Exemplos con imaxes