Gl:Proxectos de cartografado

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Mapping projects)
Jump to navigation Jump to search
O Proxecto Mapkibera está a formar ás persoas de Kibera, Nairobi, na creación dos seus propios mapas co OpenStreetMap.


Os proxectos de cartografado son esforzos colaborativos de persoas con intereses comúns por cartografar un certo territorio ou por mellorar o cartografado dun tema en particular. Existen proxectos de cartografado para a meirande parte dos países do mundo e para moitas áreas de interese especial. Tamén hai proxectos que desenvolven e melloran o software e os servizos que fan posíbel o OpenStreetMap.

Listaxe de proxectos en territorios

Consulta a listaxe de proxectos en territorios para obter información sobre proxectos de cartografado virtual en cada país do mundo. Segue as ligazóns para atopar proxectos locais a nivel de rexión ou de cidade.

Temas de especial interese

Consulta tamén: Category:Gl:Proxectos

Hai comunidades dentro do OpenStreetMap interesadas en cartografar moitos elementos diferentes. Consulta a categoría de elementos para unha introdución ao cartografado de moitos tipos diferentes de elementos. As áreas de interese inclúen:

  • Accesibilidade: a accesibilidade (cartografado a prol da accesibilidade inclusiva empregando o OpenStreetMap) é importante para diversos grupos de persoas, incluíndo cegos (ollar OSM para cegos), así como o enrutamento para persoas en cadeira de rodas (ollar o enrutamento para cadeiras de rodas).
  • Auga potábel: para satisfacer unha necesidade básica e como alternativa ás botellas de plástico desbotábeis, o OSM ten o catálogo máis grande do mundo de fontes de auga potábel.Fronteiras e límites administrativos: o wikiproxecto de Límites políticos das Nacións Unidas e o wikiproxecto de Importación WDB son proxectos que se centran na importación de información sobre límites políticos entre países e territorios dende fontes oficiais das Nacións Unidas e dende a base de datos Muncial CIA.
  • Axuda humanitaria: o Equipo Humanitario do OpenStreetMap coordina a creación, produción e distribución de recursos cartográficos libres para apoiar os esforzos de axuda humanitaria en moitos lugares de todo o mundo. Atoparás moitos proxectos incluíndo o wikiproxecto de Haití e o proxecto adicado ao tremor e tsunami de Sendai no 2011.
  • Colaboracións: Wikipedia (a interoperación coa Wikipedia inclúe máis de 1,7MiB de datos que ligan a artigos da Wikipedia amosados no mapa).
  • GLAM (Galerías, Bibliotecas, Arquivos, Museos + Patrimonio): O proxecto OSM GLAM recolle a información precisa para participar, coordinar e facer un seguimento do progreso de cartografado de Galerías, Bibliotecas, Arquivos, Museos e Patrimonio, iniciado na Arxentina, mais con alcance rexional.
  • Histórico: para os elementos cartográficos que xa non existen no OSM nin no mundo, o proxecto Mapa Histórico Aberto recompila e representa a través dunha API independente, co obxectivo de ter un mapa histórico de todo o que adoitaba existir.
  • Infraestrutura: a información sobre a rede de estradas forma parte do corazón do OSM. Consulta Estradas e Ferrovías para unha introdución sobre a etiquetaxe, así como o wikiproxecto de Sistemas de metro, un proxecto para cartografar os sistemas de metro de todo o mundo. Tamén hai un wikiproxecto de Redes enerxéticas, enfocado ao cartografado dos sistemas de xeración e distribución de gas e electricidade.
  • Lugares de culto: wikiproxecto de Santos dos Últimos Días (cartografado de lugares de culto)
  • Natureza, conservación e medioambiente: as persoas que participan no proxecto OSM Ambiental fan activamente o engadido de información relevante para a conservación dos recursos naturais e os hábitats, así como no engadido de información importante sobre elementos do patrimonio cultural (ollar Conservación). Outros proxectos son cursos de auga e o wikiproxecto de Cobertura do chan Corine, que trata de importar información sobre cobertura e uso do chan para Europa.
  • Poboacións espaciais: estas inclúen grupos étnicos ou áreas xeográficas con trazos únicos, como as reservas dos nativos americanos nos Estados Unidos. Aínda que as reservas dos nativos americanos, que tenden a ser rurais, inclúense nos datos de TIGER nos Estados Unidos, normalmente os datos son incompletos ou inexactos. Últimamente, as tribos tomaron o asunto por conta propia e crearon os seus propios datos. Isto mesmo tamén está a ocorrer noutras partes do mundo.
  • Recreación, deportes e lecer: hai moitos tipos de información cartográfica relevante para diferenciar actividades ao ar libre, incluíndo o sendeirismo, os deportes de inverno, o wikiproxecto de Augas bravas e o cartografado IOF (que trata de mapas para orientación deportiva).
  • Seguranza alimentaria: os voluntarios están a cartografar e etiquetar fontes de alimentos saudábeis, seguros e nutritivos, incluíndo a produción de hortas urbanas. Consulta a páxina Seguranza alimentaria para ter unha idea.
  • Socios de desenvolvemento: Socios de desenvolvemento do OpenStreetMap permite ás organizacións de cooperación, desenvolvemento e axuda humanitaria identificar persoas que traballan no OpenStreetMap para unha maior visibilidade e coordinación.
  • Tradución: hai varios aspectos da Tradución no OpenStreetMap, incluíndo os nomes de lugares no mapa en si. Isto é coordinado sobre todo baixo a Listaxe de proxectos en territorios pero tamén temos o wikiproxecto Esperanto, wikiproxecto Tradución en español, wikiproxecto catalán e wikiproxecto galego.
  • Transporte e información marítima: o proxecto OpenSeaMap recompila e engade a información precisa para a navegación no mar, incluíndo localizacións de faros e información detallada sobre portos e peiraos. Representa esta información con datos batimétricos, cartas meteorolóxicas e outros datos dinámicos para todos os afeccionados dos deportes acuáticos, así como mariñeiros, mergulladores e piragüistas.

Proxectos técnicos

Ollar tamén