Gl:Tradución
Hai moito traballo de tradución por facer para o proxecto do OpenStreetMap, tanto para traducir os datos do mapa en si mesmos, dando nomes a obxectos no mapa en múltiples linguas, coma para traducir programas relacionados co OpenStreetMap. Por exemplo, o sitio web do OpenStreetMap e varios editores.
As contribucións por parte de calquera persoa que poida fornecer traducións completas ou parciais serán benvidas. En ocasións, o desenvolvemento do soporte para a internacionalización é o primero que se precisa.
Esta página sirve para enumerar los diversos lugares desde donde se coordinan los esfuerzos de traducción.
Datos do mapa do OpenStreetMap
Calquera obxecto no mapa do OpenStreetMap que teña nome tería que levar a etiqueta name=*. Pero os tradutores poden tamén engadir etiquetas de nomes adicionais noutras linguas. Olla Nombres#Localizacións para unha documentación pormenorizada sobre as etiquetas de nomes con prefixos de idiomas, e bota unha ollada a este nó de Viena como exemplo.
Estes datos permiten a internacionalización do mapa, representando o mapa en diferentes linguas, e resultan tamén útis para procuras de coincidencias.
Lamentábelmente, na actualidade non hai editores amigábeis para os datos do OpenStreetMap adicados a só presentar unha interface de tradución e nada máis. Mentres tanto, os usuarios poden empregar os editores que existen. Para traducir, por exemplo, os nomes de todas as capitais mundiais, un podería obter todos os obxectos etiquetados con place=city e capital=yes da XAPI. Abrir eses datos no JOSM e comezar a traducir e subir obxectos. Ævar escribiu sobre como facer isto para nomes islandeses de todas as cidades capitais.
Como alternativa, proba Nomino.
Comprobación do mapa multilingüístico
Jochen Topf creou Multilingual Map Test, un mapa do OSM onde podes mudar o texto a un dun número de idiomas. Funciona dando como resultado teselas de mapas sen texto e sobrepoñéndoos con teselas PNG transparentes que representan o texto en cada lingua. Se todos os nomes de lugares tiveran nomes en todos os idiomas, multiplicaríanse o número de teselas que debe xerar ese número; pero na práctica, a maioría dos lugares só teñen un nome.
Interface da páxina web do OpenStreetMap
O sitio web do OpenStreetMap en https://www.openstreetmap.org pode traducirse empregando o translatewiki.net. Olla Internacionalización do sitio web#Como traducir para pescudar de que xeito facelo.
Tradución da wiki
Dado que a wiki contén unha grande morea de contido de axuda e documentación importantes, gostaríanos que polo menos algo disto estivese dispoñíbel noutras linguas. A tradución lévase a cabo dun xeito algo ad hoc, e animámosche a participar, pero tamén debemos tratar de organizarnos máis ó respecto; aínda non se decidiu unha migración completa á extensión Translate do translatewiki.net e MediaWiki. Atoparás máis detalles na páxina Tradución da wiki.
Editores e outras ferramentas de tradución
- iD no Transifex (documentación)
- Potlatch 2 (e o obsoleto Potlatch) no translatewiki.net
- O soporte de localización do Potlatch 2 está limitado á barra de ferramentas e ó diálogo de axuda; a interface de etiquetaxe non pode traducirse. Existe unha bifurcación plenamente traducíbel por localización do Potlatch 2 que se traduce no Transifex; porén, esta non é a versión que se emprega no openstreetmap.org.
- JOSM no Launchpad (proposta para migrar ó Transifex)
- Keypad-Mapper vía Markus59
- Level0 no Transifex
- Merkaartor no Transifex
- Gestor de tareas de OSM no Transifex
- StreetComplete no POEditor
- Vespucci no Transifex
Xeocodificadores
Ferramentas de análise e control de calidade
- Taginfo
- Overpass turbo no Transifex
- Osmose no Transifex
- Keep Right no Launchpad
- ES:CheckAutopista no Transifex
O seguinte software xa non recibe mantemento pero aínda pode resultar útil coma fonte de referencia para tradutores:
Representadores e miscelánea
- Historical Objects
- Mapbox Android Demo no Transifex
- Mapbox GL (Mapbox Android, iOS, macOS SDKs) no Transifex
- uMap no Transifex
- Wheelmap en varios proxectos do Transifex
Enrutadores
- Exemplo de instrucións de condución (un recurso común)
- GraphHopper nunha folla de cálculo do Google Sheets
- Gosmore
- LoroDux
- Mapbox Navigation SDK para Android no Transifex
- Mapbox Navigation SDK para iOS no Transifex
- Navit no Launchpad
- OpenRouteService
- OsmAnd no Weblate
- OSRM Instrucións textuais no Transifex
- Valhalla no GitHub
Outras ferramentas
Plataformas de tradución en liña
Tamén podes atopar máis ferramentas de tradución relacionadas co OSM nestas plataformas de tradución en liña:
- https://poeditor.com/
- http://weblate.org
- http://transifex.com
- http://translatewiki.net
- http://translations.launchpad.net