Gl:Tag:amenity=recycling

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
Public-images-osm logo.svg amenity = recycling
Altglas.jpg
Descrición
un colector ou centro que acepta lixo para reciclar. Show/edit corresponding data item.
Representación en OSM Carto
Recycling-16.svg
Grupo: procesamento de residuos
Empregado nestes elementos
pode ser usado en nodosnon pode ser usado en víaspode ser usado en áreasnon pode ser usado en relacións
Precisa
Combinacións útis
Estado: aprobadaPage for proposal

Úsase para un contedor ou centro que acepta lixo para reciclar. Esta etiqueta non debería usarse se o lixo non vai ser reciclado!

Tipo de obxecto de reciclaxe

Colectores de reciclaxe
Centro de reciclaxe (Punto verde)

Para concretar o tipo de obxecto dentro da categoría de reciclaxe, debemos engadir a etiqueta recycling_type=*.

Materiais

Podemos especificar os materiais que se poden reciclar. Por favor, engade etiquetas a esta lista. Se o elemento xa ten polo menos unha destas etiquetas, o valor por defecto para o resto de etiquetas é "non". Por exemplo, se un obxecto é etiquetado como amenity=recycling+recycling:glass_bottles=yes, entón iso implica que recycling:aluminium=no.

Etiqueta Descrición
recycling:aerosol_cans=yes/no Botes de aerosol domésticos (p. ex. botes de laca, spray de pintura, etc.)
recycling:animal_waste=yes/no Resíduos de animáis
recycling:aluminium=yes/no Obxectos de aluminio
recycling:batteries=yes/no Pilas de obxectos domésticos (p. ex. D-cell, 9-voltios). Isto non inclúe necesariamente baterías grandes, como as de coche. Para iso temos recycling:car_batteries=* (Hai bastantes exemplos de uso de recycling:car_batteries).
recycling:car_batteries=yes/no Baterías de coche
recycling:beverage_cartons=yes/no Paquetes de cartón e outros materiais (multi-materiáis, p. ex. Tetra Pak, Tetra Brik, etc.) para bebidas e comidas
recycling:bicycles=yes/no Bicicletas
recycling:books=yes/no Libros
recycling:cans=yes/no Latas
recycling:cardboard=yes/no Cartón
recycling:cartons=yes/no Embases baseados en cartón, que poden incluir outros materiais, como un cartón de tabaco, ou para bebidas e comida
recycling:cds=yes/no Compact discs e DVDs
recycling:chipboard=yes/no Aglomerado
recycling:christmas_trees=yes/no Lugar de recollida de árbores de Nadal. Usar xunto con opening_hours=Jan 01-Jan 15 por exemplo.
recycling:clothes=yes/no Roupa, incluíndo calzado
recycling:coffee_capsules=yes/no Se se reciclan cápsulas de café ou non
recycling:computers=yes/no computadoras (de sobremesa, portátiles, etc.)
recycling:cooking_oil=yes/no Aceite usado de cociña
recycling:cork=yes/no Corcho
recycling:drugs=yes/no Medicamentos caducados
recycling:electrical_items=yes/no Electrodomésticos grandes, como neveiras, conxeladores, lavalouzas, etc. (Ver tamén recycling:white_goods máis abaixo, que tende a significar neveiras, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e fornos en inglés do Reino Unido; Deberíamos escoller recycling:electrical_items ou recycling:small_appliances para aparellos como televisores, aspiradores, microondas e outros de tamaño pequeno)
recycling:engine_oil=yes/no Aceite de motores
recycling:fluorescent_tubes=yes/no Tubos fluorescentes
recycling:foil=yes/no Papel aluminio
recycling:furniture=yes/no Mobles
recycling:gas_bottles=yes/no Bombonas de butano e propano
recycling:glass=yes/no Inclúe recycling:glass_bottles=yes, pero non hai aínda un estándar para indicar cales dos tipos máis complicados (vasos, cristáis de xanela, cristal de lámpadas, vidro templado, vidro de borosilicato, Pyrex) se recollen ou non
recycling:glass_bottles=yes/no Inclúe frascos, xarras, etc., pero ningún dos máis complicados que se relacionan en recycling:glass
recycling:green_waste=yes/no Residuos de xardín/horta
recycling:garden_waste=yes/no Residuos de xardín/horta (semella ser equivalente ao anterior)
recycling:hazardous_waste=yes/no Residuos tóxicos ou perigosos de uso común nos fogares (pintura, productos químicos, amianto).
recycling:hardcore=yes/no Ladrillos e escombros (Ver tamén recycling:rubble máis abaixo).
recycling:low_energy_bulbs=yes/no Lámpadas de baixo consumo
recycling:magazines=yes/no Revistas
recycling:metal=yes/no Todo tipo de metáis
recycling:mobile_phones=yes/no Teléfonos móbeis
recycling:newspaper=yes/no Xornáis
recycling:organic=yes/no Restos orgánicos da comida que son reciclados en compost ou biogas
recycling:paint=yes/no Pintura
recycling:paper=yes/no Papel
recycling:paper_packaging=yes/no Envases de papel
recycling:PET=yes/no Obxectos feitos con PET (Tereftalato de polietileno), como as botellas
recycling:plasterboard=yes/no Obxectos feitos de xeso, como as escaiolas
recycling:plastic=yes/no No Reino Unido, polo menos, a miúdo os centros e/ou colectores de lixo de reciclaxe distinguen entre os plásticos duros (tipicamente aqueles que se poden romper), os plásticos brandos (tipicamente os envases de comida que poden dobrarse), bolsas plásticas, e todos os outros plásticos elásticos. Moitos deses centros/colectores de lixo aceptan só un subconxunto deles, polo que se debe tentar escoller categorías máis específicas se é posible.
recycling:plastic_bags=yes/no Bolsas plásticas
recycling:plastic_bottles=yes/no Botellas de plástico. A miúdo, aceptan botellas pero non outros obxectos de plástico!
recycling:plastic_packaging=yes/no Outros envases de plástico
recycling:polyester=yes/no Obxectos de poliéster
recycling:polystyrene_foam=yes/no Poliestireno expandible. Pode ser Styrofoam™, espuma de poliestireno extruído xenérico ou espuma de poliestireno expandido xenérico
recycling:printer_cartridges=yes/no Cartuchos de impresora. Ver máis abaixo para restriccións máis específicas, pois non todos os centros admiten cartuchos tanto de tinta como tóners: http://www.letswasteless.com/cms/recycling-centres/worcestershire-hrcs/bromsgrove1.aspx
recycling:printer_toner_cartridges=yes/no Tóners de impresora
recycling:printer_inkjet_cartridges=yes/no Cartuchos de impresora de tinta
recycling:rubble=yes/no Ladrillos e escombro de obra; ver tamén recycling:hardcore máis arriba.
recycling:scrap_metal=yes/no Chatarra
recycling:sheet_metal=yes/no Chapas e láminas metálicas
recycling:small_appliances=yes/no Pequenos electrodomésticos e aparellos
recycling:styrofoam=yes/no Típicamente se refire a espuma de poliestireno expandida, como son caixas de poliestireno ou material de empaquetado
recycling:tyres=yes/no Neumáticos
recycling:tv_monitor=yes/no Monitores de televisión
recycling:waste=yes/no Colector de lixo en xeral. Ollo! Non usar esta etiqueta se o lixo non se recicla; usar unha etiqueta como amenity=waste_disposal ou amenity=waste_basket para eses casos
recycling:white_goods=yes/no Electrodomésticos de liña branca. En inglés do Reino Unido isto significa so neveras, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e fornos; ver tamén recycling:electrical_items e recycling:small_appliances máis arriba, os cales poden adaptarse mellor para aparellos como televisores, aspiradores, microondas e outros aparellos máis pequenos
recycling:wood=yes/no Madeira

Combinacións útis

  • operator=* - Organización responsable
  • opening_hours=* - Útil para os horarios de apertura dos centros de reciclaxe ou para os períodos de uso dos colectores de lixo

Exemplos

colector baixo terra
Jt osm recycling underfloor.jpg
recycling_type=container
opening_hours=*
location=underground

Etiquetas relacionadas

  • amenity=waste_basket - Un colector de pequeno tamaño para depositar o lixo e que é doadamente accesible aos viandantes (papeleira).
  • amenity=waste_disposal - Un colector de tamaño medio, tipicamente para lixo dos hogares en bolsas plásticas ou para lixo industrial. Pode estar na rúa, pero non para o uso principal dos viandantes (colectores de lixo).
  • amenity=waste_transfer_station: Unha localización que acepta, consolida e transfire residuos en masa, normalmente de recollidas das administracións públicas ou comerciais.
  • landuse=landfill: Vertedoiro onde se enterra lixo.

Ver tamén

Warning: Default sort key "amenity=recycling" overrides earlier default sort key "Tag:amenity=recycling".