Gl:StreetComplete
StreetComplete | |
---|---|
Autor: | Tobias Zwick |
Licenza: | GNU General Public License (de balde) |
Plataforma: | [[Android]] 4.2+ |
Versión: | 12.2 (2019-06-29) |
Linguaxes: | alemán, inglés, francés, finés, galego, portugués, checo, malabar e polaco |
Sitio web: | GitHub |
Instalación: | |
Código fonte: | GitHub |
Linguaxe de programación: | Java |
Aplicación para estatísticas no Android |
StreetComplete é unha aplicación para o Android que procura e fornece ferramentas para corrixir detalles que poderían ser erróneos, incompletos o mellorábeis en barrios ou lugares pretos. É doado de empregar e as mudanzas gárdanse de xeito directo sen depender doutros servizos.
Os datos a mellorar son presentados ó usuario en forma de marcaxes no mapa (tal coma o Mapdust, por exemplo). Resólvense recheando un sinxelo formulario de celas para completar ou corrixir a información. As respostas dadas polo usuario procésanse e súbense de xeito directo na base de datos do OSM, organizadas polo tipo de peticións que se fagan e asinadas co nome da cuenta do OSM do usuario.
Xa que a aplicación está destinada a ser empregada en exteriores, funciona sen conexión á Internet e non consume moitos datos do móbil. Apuntamento: para empregalo sen conexión, primeiro conéctate á Internet, indica a área que prefiras e déixao funcionar. Ten unha caché que almacena segundo cantas teselas haxa na zona, para ollar o contido no intre que estas fóra de liña. A caché almacénase no disco local;[1] porén, algunhas veces o sistema do Android podería limparla (acontece nos teléfonos sen moito espazo no disco dispoñíbel). Ademais, só se gardan teselas nun determinado nivel de achegamento. As peticións son almacenadas e subidas de xeito silencioso ó OSM cando sexan necesarias. A parte superior amosa a morea de peticións completadas e as restantes son representadas en (+ XX).
A aplicación está dirixida a usuarios que descoñecen o sistema de etiquetado no OSM, pero aínda queren contribuír ó OpenStreetMap cartografando a súa veciñanza (ou outros lugares). Debido a este grupo albo, a aplicación só fará cuestións puntuais de xeito sinxelo e que implican moi poucos falsos positivos.
O agochado da aplicación
A aplicación emprega o Tangram-ES para amosar o mapa. Este depende do Overpass API para atopar as peticións e as sube de xeito directo vía API do OpenStreetMap.
Traducións e correccións
Podes axudar traducindo a interface de usuario no POEditor.
Para suxestións e arranxos, emprega o GitHub (ollar a wiki do GitHub para suxerir novas funcións no StreetComplete antes de propor novas ideas, en inglés, por favor). Anteriormente, e de paso, tes unha listaxe de dúbidas resoltas sobre que funcións engadimos ou corriximos.
Suxestións
Consulta a listaxe de peticións.
Cuestións frecuentes
Consulta a lapela de Cuestións frecuentes.
De que xeito desenvolver a aplicación
- Obtén o código fonte do GitHub
- Abre o Android Studio
- Executa a aplicación no dispostivo ou máquina virtual
Referencias
- ↑ https://github.com/westnordost/StreetComplete/issues/122#issuecomment-311997939 (información do autor)